Abanca chega a un acordo con Crédit Agricole para comprar Bankoa


Segundo informou Abanca, o acordo prodúcese unha vez realizada satisfactoriamente a ‘due diligence’ sobre a situación da entidade vasca. Se a negociación culmina cun acordo firme para a adquisición de Bankoa, iniciarase o proceso de obtención das autorizacións administrativas correspondentes e, a partir de entón, comezará a integración. Coa compra, Abanca aumentaría en 4.374 millóns o volume de negocio, ata situalo en 93.000 millóns de euros, e consolidaríase como a sétima entidade bancaria no Estado español por activos, con máis de 65.000 millóns. Esta operación profunda no acordo estratéxico entre Abanca e Crédit Agricole asinada hai dous anos, cuxo primeiro froito foi a compañía conxunta que xestionará os seguros xerais no mercado español e portugués os próximos 30 anos.