ABANCA firma un convenio de colaboración coa Asociación de Hostaleiros de Carballo


Deste xeito ABANCA, coa firma deste convenio, sinala achegarse ás necesidades de crédito dos hostaleiros de Carballo. O banco amosa así o seu apoio aos empresarios da hostalería da localidade, mantendo seu compromiso directo coa viabilidade e o crecemento dun dos focos de emprego da nosa sociedade, aínda máis nestas circunstancias tan especiais derivadas da crise sanitaria actual.

O convenio foi subscrito polo presidente da Asociación Hostelería de Carballo, Juan Antonio Pazos, e o director de zona de ABANCA en A Coruña Oeste/Bergantiños, Jacobo Sánchez Fernández. Tamén asistiu ao acto o coordinador Institucional de ABANCA na Coruña, Jose Manuel Vilariño Orgeira.

Grazas a este convenio, o banco pon a disposición dos locais de hostalería pertencentes á asociación un plan de financiamento que responde de maneira integral ás súas necesidades. O documento inclúe produtos e servizos que permiten tanto acometer investimentos, como reforzar a súa competitividade. Así, os hostaleiros contarán con produtos especificamente deseñados, entre os que destacan préstamos persoais e hipotecarios ou leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización, posibilidade de carencias e xuros moi competitivos.


A oferta financeira de ABANCA inclúe tamén solucións para as necesidades máis inmediatas e así poder adecuarse ás demandas da actividade diaria. O colectivo terá á súa disposición outros produtos e servizos como pólizas de crédito, liñas de desconto comercial, avais, corfirming ou factoring segundo as súas necesidades. Os convenios tamén reservan un espazo á internacionalización grazas ás liñas de comercio exterior e ao financiamento oficial a través de diversos programas do ICO e as SGR galegas.

Do mesmo xeito, os hostaleiros asociados poderán desfrutar das vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingreso de cheques ou outros servizos habituais. ABANCA, ademais, poñerá a disposición destes profesionais o seu servizo de banca electrónica.