Abanca gaña 250 millóns no primeiro semestre de 2019

Trátase dun 1,3 por cento máis ca no mesmo período do ano pasado, cun nivel de rendibilidade do 10,7 por cento, segundo anunciou en conferencia de prensa o presidente da entidade, Juan Carlos Escotet.

O balance da entidade neste «semestre histórico», en palabras de Escotet, recolle por primeira vez o efecto da integración de Deutsche Bank PCB Portugal, e sitúa o seu volume de negocio nos 78.661 millóns de euros, un crecemento do 13,6 por cento, á espera de finalizar a integración de Banco Caixa Geral.

Escotet calculou que ao final do ano, unha vez completada a integración da entidade lusa, o volume de negocio oscilará arredor dos 85.000 millóns de euros.

O crecemento nestes seis primeiros meses do ano foi equilibrado tanto en crédito, que aumenta un 13,5 por cento ata os 32.826 millóns, como en captación de recursos, que o fai nun 14,3 por cento ata os 44.515 millóns.

Escotet destacou o dinamismo da actividade crediticia coas pemes e autónomos (cun crecemento do 6,4 por cento en novas formalizacións) e do negocio de seguros (7,4 por cento), dous dos piares do plan estratéxico que Abanca está desenvolvendo. Ademáis un dos fitos máis importantes deste período foi a alianza con Credit Agricole Assurnces, que permitirá afianzar o negocio asegurador, dixo Escotet.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha