Abanca outórgalle un préstamo de cinco millóns ao Deportivo

1 minutes read

O presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, afirmou que: “Unha empresa tan escarallada coma esta eu non a vin, dígoo con toda a sinceridade porque non hai maneira de facer sustentable esta empresa cos números actuais e con semellante nivel de incerteza”

O capital aportado por Abanca permitiranlle ao Deportivo ampliar en dous o tope salarial e acometer reforzos para saír do pozo, como define o futuro presidente herculino, Fernando Vidal:  “Viamos o equipo sen remedio na segunda división B e mesmo ao borde da desaparición. Eu creo que aí temos unha bola de máis para podermos salvar o set. Penso que isto nos vai dar auga, luz, de todo, é dicir, enerxía, gasolina, para podermos ser competitivos xa nesta segunda volta”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?