Abanca reduce os seus beneficios a 143 millóns

1 minutes read

Abanca obtivo un beneficio atribuído de 143,4 millóns de euros no primeiros nove meses de 2020, o que supón un 62,2 % menos que hai un ano.

A entidade financeira informou este martes nun comunicado dos resultados relativos ao terceiro trimestre do ano, que presentan uns «robustos» niveis de capitalización, con 1.214 millóns de euros de exceso sobre requisitos, unha «cómoda» posición de liquidez, con 10.905 millóns de euros en activos líquidos, «elevados» niveis de cobertura -taxa do 66,0% para activos dubidosos- e «alta calidade» de activos, cun 2,6 % de morosidade.

Esta «baixa» morosidade, subliña Abanca, e a súa elevada cobertura supoñen unha ampla diversificación por sectores de actividade económica e mostran unha menor exposición a aqueles máis vulnerables aos efectos da pandemia covid-19, detalla.

«A este feito súmase a maior resiliencia da economía galega, que contribúe de forma positiva á solidez e calidade do negocio da entidade», apostila a entidade.