Abanca xa está de novo online


Abanca destacou que os caixeiros, as oficinas e parte das súas canles dixitais xa funcionan “con normalidade” e atribuíu os problemas sufridos nos últimos días nos seus servizos a unha “incidencia de tipo tecnolóxico”. Según informaron fontes da entidade financeira, que precisaron que o resto de canles “está a recuperarse de forma progresiva” e que se traballa para normalizar a situación “ao 100 por cen”. Así mesmo, o banco informou de que, ademais de asumir as comisións que os clientes pagasen por retirar diñeiro doutras entidades, atenderá de forma adicional calquera outra incidencia derivada desta situación. Para iso, estas fontes destacaron que os clientes poderán trasladar as súas incidencias a través das canles habituais.

En todo caso, desde esta entidade se recomenda ás persoas afectadas gardar os resgardos, tíckets e información que avale o prexuízo ocasionado pola caída dos sistemas a distancia de ABANCA ao fin de presentar a correspondente reclamación. No caso da banca electrónica e da aplicación móbil é importante rexistrar o problema capturando imaxes da pantalla.

Xa para rematar, recordar que estamos a falar da entidade bancaria con maior penetración en Galicia onde conta con centos de miles de clientes e, precisamente por isto, tanto pola importancia de ABANCA no día a día dos consumidores e usuarios galegos como pola duración desta incidencia, a resposta da entidade debería estar a altura das circunstancias.