Abarrote de asistentes á Festa dos Maiores de Santa Comba

0 minutes read

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, xunto coa alcaldesa de Santa Comba, María Pose, participou este sábado na Festa dos Maiores organizada polo Concello. A xuntanza desenvolveuse no recinto feiral de Santa Comba e contou con animación musical. A conselleira agradeceu a invitación a este encontro e desexou unha feliz xornada a todos os asistentes, que foron moitos.