Abarrote de fieis na celebración da Milagrosa en Carballo

Xentío na misa das 12.

Centenares de persoas, perfectamente situadas de acordo á situación sanitaria, abarrotaron este domingo a carballesa praza da Milagrosa, na celebración da misa principal das 12 do mediodía. O acto relixioso estivo presidido polo alcalde, Evencio Ferrero, así como diferentes autoridades e membros da corporación municipal. Ademais contou coa presenza do Sr. Bispo Auxiliar Monseñor Francisco José Prieto para celebrar a misa da festa e bendicir o mural da Milagrosa, á vez que felicitou a D. José García Gondar polo seu medio século de dedicación á parroquia de Carballo. Ao termo da misa a imaxe saíu en procesión, acompañada da Cruz de Lampedusa. Houbo moita pólvora, botáronse de menos as míticas alfombras á espera de que en 2022 todo volva ser normal.

Celebración da misa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha