Abarrote de público na feira dominical de Paiosaco e na sexta Feira de Horticultura

1 minutes read

Un total de 14 postos de produtos da horta de proximidade conformaron este domingo, na xa tradicional feira dominical de Paiosaco, a sexta Feira de Horticultura. Organizada polo Concello da Laracha, a feira tivo unha gran acollida de visitantes dos cales moitos leváronse produtos de alta calidade como tomates, amorodos, patacas, verduras e tamén froitas da horta da zona.

Colaboraron na organización: A Terriña e Horta do Noroeste. Presentes estiveron o Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Costa da Morte, o Centro de Promoción Rural EFA Fonteboa e o Polo de Emprendemento Costa da Morte que compartiron un dos catorce postos.

As outras casetas foron para horticultores da Laracha e outros municipios próximos como Carballo, Arteixo, Coristanco e Cerceda. Un deles destinouse á plataforma de venda online Kibus precisamente co propósito de poñela en contacto cos produtores para crear sinerxías entre eles. Tamén houbo espazo para a xeadería Mmmm! Xeados, que sorprendeu con algunhas das súas elaboracións, e para Acastrexa, empresa centrada na elaboración de conserva.

A feira contou cunha alta participación e asistencia de público.