Abascal afirma: “O señor Núñez Feijóo xogou sucio”


O presidente de Vox, Santiago Abascal, asegurou que Alberto Núñez Feijóo “xogou sucio” coa súa formación. Na súa valoración dos resultados electorais en Galicia, onde Vox non conseguiu representación, Abascal  queixouse do “límite inxusto do 5%” e dixo que cunha “repartición proporcional” acadarían “2 ou 3 escanos”.

Respecto da maioría absoluta “tan clara” do PP, Abascal dixo que se debe a que “os galegos lle teñen medo” ao PSOE “polos seus pactos con nacionalistas e Podemos”.