Abascal presentou as candidaturas de Vox ao Parlamento de Galicia

1 minutes read
  • O acto tivo un intento de boicot por parte dun grupo denominado «antifascista».

O acto tivo un intento de boicot por parte dun grupo denominado «antifascista».

Santiago Abascal presentou en Mos as candidaturas da formación para as eleccións ao Parlamento de Galicia. Abascal fixou a defensa do rural como unha das súas prioridades. O líder de Vox garantiu tamén liberdade dos pais para escoller a educación dos fillos fronte, dixo, a imposicións ideolóxicas.

«Liberdade de escolalización en español, ou en galego, sempre garantindo o coñecemento dos dous idiomas e sempre respectando a liberdade dos pais. Por iso tamén queremos implantar o cheque escolar e o pin parental», di Santiago Abascal, presidente de Vox.

Intento de boicot

Un grupo dos autodenominados antifascistas acudiu á presentación para ameazar á formación de Santiago Abascal. «Váisevos a acabar! Esta vez acabades vós nas cunetas!», gritáronlles ao comezo do acto. O grupo de esquerda radical convocara un boicot ao acto de Vox a través das redes sociais. «O fascismo se combate nas rúas», podíase ler no cartel da convocatoria.