A Garda Civil da Compañía da Coruña interpuxo un total de 15 denuncias por incumprimento das medidas sanitarias do Covid. Os feitos ocorreron no transcurso de dispositivos realizados para o control do cumprimento das medidas sanitarias establecidas na localidade de Abegondo.
Os axentes identificaron a unha persoa que se atopaba nas proximidades dun establecemento hostaleiro sen usar a pertinente máscara, confeccionando a correspondente denuncia por suposto incumprimento das medidas sanitarias vixentes. Acto seguido a Garda Civil constatou como nun local hostaleiro estaban a servirse bebidas no seu exterior, identificando o responsable do mesmo e ás dúas persoas que se atopaban consumindo, confeccionando as correspondentes denuncias por suposta infraccións á normativa sanitaria vixente.
Posteriormente os efectivos actuantes observaron como noutro establecemento estaban a servirse bebidas no exterior do mesmo a dúas persoas, sendo acompañadas estas por unha responsable do local, realizando o consumo sen respectar a distancia de seguridade persoal nin facer uso da máscara obrigatoria. Procedendo á súa identificación e denuncia.
No transcurso do servizo, a Garda Civil observou a estas tres persoas novamente realizando a consumición de bebidas no exterior do establecemento e nas mesmas circunstancias que a primeira vez, procedendo á confección das pertinentes denuncias por supostas infraccións á normativa sanitaria vixente e por desobediencia grave aos Axentes da Autoridade.