0
O concello de Abegondo converteuse así en foco do fútbol base cos mellores equipos a nivel nacional nunha nova edición deste torneo tras dous anos de parón. Nesta liña, a Xunta apoia o deporte base e aposta pola actividade física e hábitos saudables desde as idades máis temperás. O evento contou coa presenza do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo.