A Feira do Queixo de Abegondo cumpre 20 anos o 14 de abril. Prevense a visita de centos de persoas, como cada ano para descubrir as bondades do queixo artesán elaborado con leite cru de vaca.
- En San Marcos, ao longo da mañá
- Exposición de queixos
- Actuación do grupo de gaitas da Escola Municipal
- Degustación de queixo tamén nos locais de hostalería da zona
- Programación infantil
Haberá un obradoiro de elaboración que queixo de cabra fresco. Nenos/as de 3 a 7 anos ás 11:00 e a partir das 12.30 horas para os de 8 a 12 anos. Para apuntarse é necesario realizar a inscrición previa no 981647909 ou en adl@abegondo.es. O mesmo día da feira será posible anotarse se quedan prazas vacantes.
Ademais, os pequenos poderán aprender a ordeñar coa vaca Candela, un boneco de 3 metros que conta cun sistema de ordeño que permite unha experiencia sen ningún risco. Finalmente, montarase un piano de queixo, no que as teclas son queixos.

