Abegondo contará cun campamento turístico nun novo complexo recreativo

1 minutes read

No xantar de presentación da iniciativa Dieta atlántica para unha vida saudable, organizada pola asociación Lume Atlántico, Alfonso Rueda subliñou a aposta por un modelo turístico que se inclina pola paisaxe, o deporte, o patrimonio e a gastronomía, na liña do que ofrece Abegondo coa creación deste complexo que constará, entre outros atractivos, cunha piscina, cabanas de madeira e xogos multiaventura. “Abegondo invita a coidarse e a Xunta sempre apoiará iniciativas deste tipo”, subliñou o vicepresidente primeiro. O complexo turístico e, por outra banda, un atractivo máis para os peregrinos que fagan o Camiño Inglés, que poderán descansar e recobrar forzas na súa andaina cara Compostela.