Abegondo proclámase gañador da Copa Deputación de Balonmán na Rúa en Camariñas

1 minutes read

Abegondo e Ribadosar en categoría benxamín e Abegondo e Camaraiñas en alevín foron, respectivamente, os campións e subcampións na gran final da Copa Deputación da Coruña de Balomán na Rúa celebrada en Camariñas. Un total de doce equipos de rapaces e rapazas entre seis e once anos de toda a provincia, gañadores dos encontros da fase de clasificación do campionato que se celebraron ao longo da provincia nos últimos dous meses, participaron nesta emocionante final. A deputada de Deportes, Cristina Capelán, e o concelleiro de Deportes de Camariñas, Fabián Canosa, foron os encargados de entregar a Copa aos equipos gañadores.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?