Abegondo | Xornada para a elaboración de plans municipais de abastecemento autónomo

A consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, celebrou en Abegondo unha xornada de traballo cos 6 concellos seleccionados na primeira convocatoria da Xunta para a elaboración de plans municipais de abastecemento autónomo, que suporán un investimento autonómico de 900.000 euros.

Trátase dunha das primeiras accións realizadas no marco dos traballos de desenvolvemento e implantación destes plans de abastecemento autónomo, na que participan máis de 100 representantes das entidades locais e comunidades de usuarios dos municipios de Oia, de Baleira, de Oímbra, de Mondariz, de San Xoán de Río e de Cerdedo-Cotobade.

Deste xeito deuselles a coñecer aos concellos o proxecto piloto Abegondo Rural Supplies, que a través de accións innovadoras permitiu mellorar os servizos aos cidadáns con sistemas de abastecemento e saneamento descentralizados, fronte aos centralizados de titularidade pública.

O programa é o resultado do desenvolvemento do proxecto europeo LIFE12 ENV/ERES/000557 Rural Supplies, promovido polo Concello de Abegondo, Augas de Galicia e a Consellería de Sanidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha