Abel Caballero acende as luces de Nadal de Vigo, ‘que cegan na Estación Espacial’


O alcalde de Vigo, Abel Caballero, foi o encargado de inaugurar, un ano máis, o aceso das luces de Nadal da cidade, unha iluminación que nesta ocasión está conformada por 11 millóns de luces LED. Unha árbore xigante, unha bóla, un boneco de neve e unha caixa de agasallo son os catro puntos indispensables nunha visita completa á montaxe das luces máis afamadas de Galicia e parte do estranxeiro. O concello puxo en marcha un plan especial de tráfico que funcionou á perfección e que non provocou grandes atascos nos accesos á cidade.