Abel Caballero afirmou que Vigo repetirá dobre Cabalgata de Reis

1 minutes read

Como xa sucedeu nas últimas dúas edicións, o Concello de Vigo volverá realizar “dúas Cabalgatas de Reis”, informou este xoves o rexedor olívico. A Xunta de Goberno Local aprobou a contratación da prestación do servizo de produción técnica e servizos auxiliares de soporte dos actos dos Reis Magos no Nadal 2024.

A Cabalgata matinal será estática, situada na Avenida de Castelao do barrio de Coia, o 5 de xaneiro dende as 11:00 horas ata as 14:00 horas. Pola tarde “a partir das 18:00 horas”, terá lugar a cabalgata tradicional que percorrerá as rúas da cidade.

Abel Caballero sinalou que o Concello investirá «case 120.000 euros a todo aquilo que ten que ver coa montaxe, a caracterización e a produción técnica» da Cabalgata de Reis de Vigo. A temática deste ano será “mar e fantasía”.