Abel Caballero celebra encontros con tres ministros en Madrid


O rexedor informou en rolda de prensa da axenda de reunións que ten prevista realizar en Madrid. Ten programada unha xuntanza con Pilar Llop, Ministra de Xustiza, para tratar cuestións relacionadas cos xulgados de paz e a actuación dos municipios, nun encontro no que tamén participará o secretario de Estado de Xustiza, Tontxu Rodríguez.

Posteriormente, Abel Caballero reúnese con Isabel Rodríguez García, Ministra de Política Territorial e voceira do Goberno, para abordar cuestións relacionadas co desenvolvemento da política local “e falarei de cuestións de Vigo”.

Por último, este xoves 27 de xaneiro, o alcalde mantén un encontro con Félix Bolaños, Ministro da Presidencia, para abordar os bens inmatriculados da Igrexa Católica “e a súa devolución aos seu lexítimos propietarios”.