Abel Caballero cifra en 34,5 millóns o que Vigo recibe do Estado


“Importantísimo, isto non sucedera nunca”, manifestou o alcalde, quen valorou positivamente o “municipalismo” do Goberno de España, que vai devolver “o IVE que quitou Montoro no 2017”, exime do pago da liquidación negativa do 2020, liquida a positiva de 2019 e eleva a asignación de 2022. Para Vigo, 34,5 millóns de euros.

Abel Caballero trasladou ao Goberno de España o seu “recoñecemento e agradecemento” porque “isto non ten precedentes”. Para o alcalde, é unha “nova forma de relación entre o Goberno de España e os concellos, o municipalismo que a min me gusta”. Recordou o alcalde que restan por recibir os fondos europeos no marco do Next Generation EU, do que os entes locais españois percibirán máis de 8.000 millóns de euros.