Abel Caballero di que non lle sobran luces para Baio

2 minutes read

Esta foi a carta que lle enviou a presidenta da Asociación de Empresarios Comarca de Soneira, Tatiana Rellán, ao alcalde de Vigo o 12 de novembro:

Querido Abel Caballero:

Escribímoslle a vostede por considerarlle Rei Mago de Vigo e o que calquera quixera ter. Logrou trazar e iluminar una nova ruta navideña cara a súa cidade, xerando así un incremento envidiable da economía local facendo posible a subsistencia do pequeno comercio, o máis afectado pola tendencia actual de acudir a grandes superficies e de recorrer á compra online.

É por elo que nos declaramos seguidores seus.

Prometémoslle que fomos bos e tamén que nos esforzamos por levar a cabo moitas ideas co fin de reactivar a economía dos nosos socios. Queremos aproveitar estas datas para facerlle chegar a nosa carta e dicirlle que si se atopase falto de espazo para colocar algún dos seus arcos de luces, pinos de Nadal, figuras de nacemento, unha noria, pista de xeo, ou calquera outro elemento decorativo, estaremos encantados de facerlle sitio para lucilo durante a nosa campaña de Nadal en Baio

Esta foi a contestación de Abel Caballero 7 días despois:

Estimada Tatiana:

Recibín a vosa carta, pero teño que empezar puntualizando que non son un Rei Mago, son un alcalde que trata de facer as cousas o mellor posible. Desde Vigo quixemos recuperar a festa de Nadal, que se estaba esquecendo e considerábamos unha mágoa perder unha celebración de tanto arraigo e tradición. Retomamos a festa e hoxe a cidade está en cifras de visitantes que alcanzan os centos de miles de persoas procedentes de toda España.

Encantoume a vosa carta, tan cercana e tan afectuosa. Agradézovos o xesto e deséxovos o mellor, pero… lamentablemente non nos sobra ningún elemento decorativo.

Desde Vigo enviámosvos un saúdo agarimoso e sabede que seredes recibidos cun forte abrazo se vos achegades pola cidade nas próximas datas.

Atentamente.

Abel Caballero. Alcalde de Vigo.