Abel Caballero, en “modo karaoke” no Flashmob de Nadal en Vigo


A Porta do Sol foi unha gran pista de baile durante uns dez minutos. España puxo o foco sobre este Flashmob de Nadal que volveu contar coa presenza de Abel Caballero e o concelleiro Anxo Rivas. O alcalde atreveuse a cantar e a bailar a canción da “Noria” do grupo Fillos do Estramonio tras participar no Flashmob de Nadal que reuniu no centro da cidade olívica a miles de persoas ao ritmo de “Jingle Bells” e “ This Is Me”. Este flashmob xa é unha cita máis do calendario do Nadal na cidade, xunto á iluminación do Nadal, a Papanoelada moteira ou a carreira popular San Silvestre… Que non pare a festa!!!.