O alcalde de Vigo lamenta que o goberno autonómico non aporte propostas nas xuntanzas “cando teñen eles as competencias” e solicita a actuación inmediata da Xunta no trazado da toma de emerxencia do Verdugo e Oitavén en augas baixas e o abastecemento da presa de Zamáns desde o Miño. O alcalde lembrou que Vigo leva 14 anos pedindo á Xunta medidas para evitar a seca na cidade e a contorna. Caballero manifestou as medidas que está a tomar como alcalde da cidade: supresión de baldeos, humanizacións con novas redes de saneamento, recomendación de non encher as piscinas, campañas de concienciación, unha nova potabilizadora e a redución das tomas de auga en Zamáns de 100 a 55 litros desde o mes de decembro. E preguntouse: “Que fixo a Xunta?”. O alcalde amosou o seu enfado e tildou de “escándalo político” a desatención da Xunta ao problema do abastecemento de agua: “Se o outono vén malo, a auga periga. É unha desatención a Vigo pero tamén a Nigrán, Baiona, Cangas, Moaña, Redondela, Mos, Gondomar e O Porriño”, concluíu.
27