Abel Caballero fai un chamamento para ‘encher os estantes’ do Banco de Alimentos


O alcalde de Vigo visitou as instalacións do Banco de Alimentos para apoiar a Gran Recollida 2022 organizada para este venres e sábado, respectivamente. Esta ONG, que está a atender a 20.000 persoas, solicita o apoio solidario de toda a cidade para tratar de conseguir o seu obxectivo: 300.000 kg de comida que garantirían o abastecemento ata a primavera de 2023. Na Gran Recollida participan este ano 130 supermercados de toda a provincia, colaborarán 2.000 voluntarios e a madriña nesta ocasión é a xornalista viguesa Alba Lago. Logo da visita ás instalacións na que estivo acompañado por responsables do Banco de Alimentos, Caballero apelou unha vez máis á solidariedade da cidade para “encher os estantes” da ONG á que o Concello apoia con axudas económicas directas e coa financiamento do alugueiro das instalacións da rúa Alcalde Lavadores.