O alcalde avanzou a súa vontade de volver a enviar a Patrimonio a iniciativa para renovar a iluminación do Monte de A Guía, unha vez que o departamento autonómico cuestionou o proxecto en base a criterios subxectivos.
Caballero afeou á Xunta que rexeite neste espazo o modelo de luminaria que si autorizou no Parque de Castrelos, unha zona BIC, con moito maior grado de protección patrimonial. O rexedor vigués acusou á Xunta de volver a facer “política como xa fixo coa negativa a autorizar as ramplas da Gran Vía”.
Por outra banda, o alcalde urxiu á Xunta de Galicia celeridade nas obras da nova Cidade da Xustiza que se está a acometer no vello edificio do Hospital Xeral. Segundo avanzou Abel Caballero, o Goberno galego anunciara o fin da obra para o ano 2019, pero a día de hoxe continúan as obras sen que se coñeza a data de remate final.