O rexedor acudiu á recepción das Súas Maxestades os Reis de España na Comisión para a celebración do Bicentenario da Policía Nacional celebrada no Palacio da Zarzuela. Para Caballero a seguridade é un eido fundamental “para facer cidades onde se poida vivir e facilitar a convivencia”. Abel Caballero citou a Vigo como modelo de cooperación entre a Policía Nacional e Local. Deste xeito, o alcalde afirmou que maximiza a seguridade, coordina e evita duplicidades, obtendo o mellor resultado posible”. O rexedor puxo de manifesto que “unha cidade segura é unha cuestión importante para que sexa un sitio onde se pode vivir”.