Abel Caballero | «O único alcalde de España que ten claro como ir á praia»

  • Un sistema de cintas de cores con frechas delimitará zonas prohibidas e permitidas.

Abel Caballero solicitou aos bañistas que acoden ás praias de Vigo coa entrada en vigor da Fase 2 que respecten o distanciamento social para protexer a saúde. Ademais, o alcalde avanzou que as piscinas de Samil estarán pechadas este verán e tanto as cintas para marcar separacións como o socorrismo comezarán o 15 de xuño.

O rexedor indicou que as praias xa están abertas, pero advertiu de que é necesario un distanciamento mínimo de dous metros para protexer a saúde das persoas. “Xa podemos usar as praias, xa están operativas, pero coa recomendación da distancia”, insistiu.

Ademais, indicou que o 15 de xuño comeza a temporada estival co servizo de socorrismo e todo o dispositivo que inclúe a Policía de Praia. Na mesma data porase en marcha o sistema de cintas de cores para respectar a separación nos dous grandes areais da cidade, Samil e O Vao.

Varios cidadáns presentes en Samil afirmaban que mentras noutras cidades non saben que facer, Abel Caballero e «o único alcalde de España que ten claro como ir á praia».

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha