Abel Caballero perfila co Goberno de España o desconfinamento nas cidades

Foto.- Cedida.

Abel Caballero referiuse este xoves á reunión que celebrou a xunta de goberno da FEMP que preside coa vicepresidenta Teresa Ribera e os ministros Salvador Illa e Carolina Darias, entrevista na que entidades locais e goberno central abordaron o proceso de desconfinamento.

En declaracións por videoconferencia, Abel Caballero manifestou que a vicepresidenta trasladou na reunión unha primeira información sobre o proceso de desescalada, no que os concellos xogarán un papel relevante. Coa pandemia estase a demostrar “a importancia do local”, aseverou o alcalde, quen avogou por asegurar “a mellor senda posible” para a “nova normalidade”, con hábitos e accións que determinarán os gobernos locais.

Na reunión na que se tomaron decisións “importantes”, por exemplo, sobre o ritmo de incorporación da sociedade á actividade normal, que será diferente nos territorios en función da incidencia do coronavirus. Abel Caballero avanzou que propuxo ao Goberno de España a celebración de entrevistas continuas para coordinar a reapertura, as medidas que decrete o executivo presidido por Sánchez coas circunstancias particulares de cada cidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha