Abel Caballero | «Pido precaución, o coronavirus non pasou e pode haber un repunte”

Foto.- Cedida_xornal.vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insiste en que os cidadáns deben manter as medidas de distancia social, hixiene e uso de máscara no caso de que non sexa posible gardar afastamento persoal. “O coronavirus non pasou e pode haber un repunte”, advertiu.

Precaución e cautela. Esta son as recomendacións lanzadas polo alcalde de Vigo, Abel Caballero, aos cidadáns no proceso de desescalada e saída a grave crise sanitaria provocada pola pandemia do Covid-19. O rexedor apuntou na súa conferencia de prensa telemática que e necesario seguir mantendo a distancia social.

“Fago unha petición a todos, que cooperen con nós transmitindo precaución e cautela, coidado porque o coronavirus segue aquí, sempre que teño unha reunión pido a todas as asociacións, tamén aos medios de comunicación e institucións, que lle digamos aos cidadáns que deben manter cautela, distancia social, hixiene de mans e máscara en aqueles lugares nos que podemos gardar distancias”, sinalou.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha