Abel Caballero requiriu aos cidadáns de Vigo que están a chamar ao teléfono 010 que “neste momento o que fundamentalmente necesitamos é oferta de aloxamento para acoller aos refuxiados que cheguen de Ucraína”.
O alcalde mantivo unha xuntanza cos responsables de Accem en Galicia, unha ONG que traballa con persoas refuxiadas, migrantes e colectivos vulnerables. Xuntos acordaron manter a coordinación ante a chegada das persoas que foxen da guerra en Ucraína.
Caballero agradeceu a solidariedade dos veciños e veciñas de Vigo: “Algunhas persoas están a ofrecer acollemento para os menores, outros ofrecen habitacións, casas en segundas residencias… tamén hai xente que ofrece os seus servizos profesionais de balde como psicólogos o tradutores… O que máis precisamos é aloxamento. As persoas refuxiadas teñen unha asignación económica para poder realizar a súa vida, pero os primeiros meses é posible que necesiten unha casa ou habitación”
O rexedor tamén incidiu na recomendación de facer achegas económicas ás ONG que están a traballar nos campos de refuxiados. Estas asociacións que garanten a chegada dos cartos son a Coordinadora Española de ONGD, Cruz Roja Internacional, OCHA e ACNUR. “Precisan de cartos, non de bens como roupa ou comida. Calquera contribución por pequena que sexa é unha axuda”.