54
- O alcalde ironizou sobre unha campaña da Xunta do Nadal en Galicia que ten como imaxe a nora e as luces de Vigo.
Unha campaña publicitaria da Xunta para promocionar o Nadal en Galicia coa imaxe da nora de Vigo instalada na rúa Colón foi argumento do alcalde Abel Caballero para ironizar sobre este feito: “Propóñolles que o ano que vén eles paguen todo e eu poño os anuncios”, dixo.
O rexedor, que puxo por diante o de “non me parece mal”, quixo subliñar o feito de que o Goberno galego utilice a iluminación do Nadal de Vigo como reclamo publicitario en toda Galicia, “non me parece mal pero que eles paguen o custo das luces e eu poño os anuncios. Claro que anunciar á conta do diñeiro doutros non está mal”, asegurou en rolda de prensa. A súa conclusión é que “isto é a Xunta de Galicia con esta cidade”.