Abel Caballero reclama á Xunta máis de 2.200 millóns de inversións desde o ano 2009

1 minutes read

O alcalde de Vigo reiterou que a Xunta ten unha débeda de 2.258 millóns coa cidade en inversións desde que Alberto Núñez Feijóo é presidente do goberno autonómico, ano 2009. Segundo as contas que detallou, o Executivo galego debería gastar as súas inversións seguindo criterios poboacionais polo que do total dos máis de 25.000 millóns que o Goberno autonómico investiu nos últimos 13 años, a Vigo corresponderíanlle case 2.780 millóns, mentres que apenas recibiu algo máis de 500 millóns. Caballero, ademais de denunciar a falta de compromiso orzamentario, criticou accións contrarias aos intereses de Vigo como presentar unha candidatura do Parque das Illas Atlánticas a Patrimonio da Humanidade co único obxectivo de paralizar á das Illas Cíes.