O alcalde de Vigo, Abel Caballero, repetirá mandato como presidente da Federación Española de Municipios e Provincias. Foi este sábado, no consello de política municipal do PSOE, cando Pedro Sánchez fixo o anuncio. Como partido gañador das eleccións municipais, correspóndelle ao PSOE designar o presidente dos alcaldes españois. O líder socialista anunciou que volverá apoiar a Caballero para outros catro anos á fronte da FEMP.