20
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tivo unha reunión con Antonio de Nó, Director de Comunicación e Relacións Institucionais de Air Nostrum e Juan Corral, Director Comercial da compañía.
Nesta reunión trataron a situación das actuais rutas que ten a operadora no aeroporto de Peinador, conectando Vigo con: Lanzarote; Las Palmas; Ibiza; Menorca; Palma de Mallorca; Alicante; Valencia; Santander; Málaga; Sevilla e Bilbao. O rexedor destacou na rolda de prensa que “estas operacións están en Vigo porque o Concello os paga”, a vez que se suman novos voos que operan porque observan a actual relevancia da cidade como destino de mercado.