Abel Caballero: ‘Vigo está no mellor momento da súa historia’


O alcalde fixo balance do ano 2.022 no que destacou o investimento de 218 millóns de euros en 229 obras para continuar coa “transformación da cidade” “Puxemos a Vigo no mapa e damos pasos nesa dirección”. Caballero tamén subliñou a importancia de ter institucións colaboradoras como o Goberno de España, a Deputación de Pontevedra e a Zona Franca. Para seguir a transformación da cidade, o goberno municipal aprobou en 2.022 27 obras por un importe de 100 millóns de euros, que se ampliaron no mes de febreiro cun crédito extraordinario de 45,8 millóns de euros para acometer 65 obras, ás que compre sumar as 63 incluídas no orzamento por valor de 33,8 millóns de euros. Tamén se suman do crédito extraordinario, aprobado en novembro, 38 obras por importe de 32,8 millóns. O alcalde concluíu a súa intervención afirmando que o ano 2022 foi o mellor ano desde o municipal para Vigo e vaticinou que o 2023 será aínda mellor.