Abel Caballero visita co ministro Garzón o Laboratorio de Biotoxinas Mariñas de Vigo


Este luns o rexedor vigués achegouse ao Laboratorio de Biotoxinas Mariñas, situado no campus universitario, para visitalo xunto ao ministro de Consumo, Alberto Garzón e a subdelegada do Goberno na provincia de Pontevedra, Maica Larriba. Durante a visita, o equipo do laboratorio mostráronlles as instalacións e as diferentes fases procesais para o análise de toxinas en moluscos.