Aberta a autocita para a vacinación da segunda dose de recordo da covid para a poboación diana

A Consellería de Sanidade abrirá a autocita para todas as persoas que, por diferentes motivos, non foron vacinadas coa segunda dose de reforzo da covid-19. Así, a partir deste venres, 11 de novembro, poderase xestionar a cita para a vacinación, que terá lugar en grandes recintos. A citación farase a partir do luns, 14 de novembro.

As persoas que teñan de 60 a 79 que, por diferentes motivos, non foron vacinadas; a sanitarios sen vacinar, a poboación con patoloxías de risco, embarazadas e conviventes con inmunodeprimidos, entre outros , poderán reservar a súa cita tanto a través da páxina web como da aplicación Sergas Móbil.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha