Entre decembro de 2019 e xuño de 2020 desenvolverase en Cabana de Bergantiños a 5ª edición do Coworking Costa da Morte; un espazo coworking froito da colaboración entre o EOI e o Instittuto Galego de Promoción Económica – IGAPE – que conta coa financiación do Fondo Social Europeo; o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e o IGAPE.
Como nas edicións anteriores, a metodoloxía a seguir será de un total de 100 horas de formación para cada emprendedor, organizadas en 40 horas de tutorías individualizadas, con mentores expertos que asignamos segundo o sector de actividade do proxecto, e talleres conxuntos (60 horas), orientados a adquirir coñecementos e desenvolver habilidades en distintos ámbitos (Lean Startup, Marketing Dixital, Financiamento, Comunicación, Xestión de RRHH, Técnicas de Ventas, etc.) Todas as actividades son gratuitas para os participantes, xa que contan coa cofinanciación do Fondo Social Europeo, a EOI e o IGAPE. Máis infornación e inscricións: cwcabana@eoi.es