Aberta a inscrición para as actividades de adultos de Ponteceso

Entre as actividades que se realizarán neste curso 2020/21, inclúense ioga, «ponte a correr», tiro con arco, ximnasia para maiores de 40 anos, ximnasia de mantemento, zumbe, D’arte, música e conversa en inglés.

A inscrición debe realizarse preferiblemente a través da sede electrónica, ou de forma presencial nas seguintes datas e horarios: martes 29 de setembro, de 9.00 a 14.00 horas, na oficina municipal de Corme e no Concello, e mércores 30 de setembro, de 9.00 a 14.00 horas, con cita previa no rexistro municipal do Concello. As actividades comezarán o 5 de outubro, agás D’arte e tiro con arco, que se iniciarán o 16 do mesmo mes.

Cada actividade require un mínimo de inscritos á hora de realizarse, e contarán cun límite de prazas, que serán adxudicadas por orde de inscrición e con preferencia dos empadroados no municipio. Recoméndase ás persoas maiores de 70 anos ou con patoloxías que, como medida de protección para a súa saúde, non se inscriban nas actividades. Á hora de participar, será obrigatorio o uso de máscara e seguir os protocolos de seguridade e prevención, que serán diferentes para cada actividade e instalación.

Ademais,os horarios poderán modificarse segundo as necesidades. Para máis información pódese contactar co Departamento de Deportes (616 48 55 20), co Departamento de Cultura (630 90 71 24) ou consultar a páxina www.ponteceso.gal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha