A concellería de promoción Económica, Turismo e Emprego abre o prazo de inscricción para a Feira de Oportunidades “Sada Comercio 2021” conforme as bases que teñen por obxecto establecer as condicións e o procedemento de outorgamento da autorización da ocupación de terreos de uso público para instalación de diferentes postos de venda de diversas mercadorias por parte do comercio e da hostalaría local, nas carpas situadas a tal fin na praza situada detrás da Terraza, os días 13 e 14 de marzo.
O número mínimo de postos requeridos para levar a cabo o evento serán dez e un maximo de vinte, podendo tomar parte nesta feira calquera establecemento ou comerciante do Concello de Sada que presenten a solicitude en tempo e forma.
Os e as participantes poderán solicitar ata dous postos por persoa física ou xurídica (debendo aboar doblemente a tasa, nese caso); no caso de que as solicitudes superen o número máximo de postos habilitados, o segundo posto solicitado concederase por sorteo entre os e as solicitantes.