A Escola Ambiental celébrase os sábados dende novembro a xullo, principalmente en horario de mañá e nas instalacións do Espazo da Natureza de Oza. Pódense anotar nenos e nenas de Carballo que cursen 3º, 4º, 5º ou 6º de educación primaria. Tamén hai sesións no medio e excursións nos diferentes espazos naturais de interese da comarca e fóra da mesma. Dentro das actividades da Escola Ambiental celébranse diferentes tipos de accións ou actividades como o traballo na horta ecolóxica, obradoiros de pegadas e indicios, pernoctas ao aire libre, obradoiros de arranxo de bicicletas, xornadas ornitolóxicas, sendeirismo… Podes facer a túa preinscrición na Libraría Clarión (Rúa Valle Inclán de Carballo) ata o vindeiro 16 de novembro, as prazas son limitadas e por orde de inscrición.
27