Aberta a oficina de información turística de Caión

Oficina de Turismo de Caión.

O Concello da Laracha volve a prestar servizo de información turística na oficina situada na antiga casa reitoral de Caión. Persoal técnico especializado na materia estará a disposición dos usuarios para informar sobre os principais atractivos turísticos do municipio e tamén doutros puntos da Costa da Morte e de Galicia.

O horario de apertura ao público será de martes a sábado de 10:00 a 14:00 horas pola mañá e de 15:00 a 19:00 horas pola tarde.

A oficina de información turística funcionará en Caión durante os meses de agosto e setembro. Despois da temporada de verán reubicarase na capital municipal.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha