7
Este primeiro de maio abriuse a pesca do salmón no Ulla. Solicitaron permiso para participar nesta campaña máis de mil pescadores. Moitos xa foron este luns ao río, pero o primeiro salmón da temporada, o campanu, quedou por coller. Dia festivo e con bo tempo, os primeiros pescadores autorizados a ir ao salmón nos coutos do Ulla non perderon a ocasión de probar. Son catro coutos no concello da Estrada: el de Ximonde, se cadra o de máis sona, Pontevea, Sinde e Santeles. A temporada estará aberta ata o 30 de xuño.