Aberta a solicitude do programa Renove Electrodomésticos para as entidades colaboradoras

O programa Renove Electrodomésticos está dirixido a persoas que residan en vivendas localizadas en Galicia e queiran renovar os seus equipos por outros da mesma tipoloxía e coa seguinte cualificación enerxética: frigorífico ou frigorífico conxelador A, B, C ou D; conxelador A, B, C ou D; lavadora A, B ou C; lavalouza A, B ou C; ou encimera de indución total.

As axudas, ás que se destinan un total de 3M€ -o que supón un incremento do 70% con respecto á convocatoria anterior en 2020-, serán de concorrencia non competitiva e as solicitudes tramitaranse a través de entidades colaboradoras.

As axudas poderán acadar o 25% do prezo do electrodoméstico para un consumidor xeral, o 50% para os vulnerables e o 75% para os vulnerables severos, polo que, segundo a tipoloxía de electrodoméstico e o consumidor, as axudas irán desde os 100 aos 450 euros. Cada beneficiario só poderá recibir unha axuda para cada unha das tipoloxías cun máximo de tres electrodomésticos. Prestarase especial atención ás familias vulnerables.

As entidades colaboradoras poderán adherirse ao programa Renove Electrodomésticos ata o 30 de xuño, mentres que o prazo para os particulares se abrirá durante a segunda quincena de abril.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha