A Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade acaba de abrir ao tráfico a zona entre o Campo de Conxo e a nova glorieta de Televés, ao tempo que se segue a avanzar nas obras de integración paisaxística do Camiño Portugués no barrio compostelán de Conxo.
A circulación e ordenamento do tráfico nesta zona será similar á situación final, unha vez acaben as obras. Agora permitirase a circulación accedendo ao Campo de Conxo desde a SC-20 (glorieta de Conxo) sentido Benéfica de Conxo (glorieta Televés). Porén, só se permitirá o acceso ao Campo de Conxo-SC20 desde a nova glorieta de Televés a autobuses urbanos e vehículos autorizados.
Ademais, os vehículos que acceden no medio do tramo polas rúas Fervenza e Travesía de Conxo de Abaixo deberán circular en sentido baixada cara á glorieta Televés.
Adicionalmente, para continuar coa execución das obras, desde este martes 15, procederase a cortar ao tráfico a rúa de Roláns, no último tramo de acceso á rúa Benéfica de Conxo.