Aberta unha investigación para determinar se houbo neglixencias na traxedia do Medusa Festival


O Xulgado de Primeira Instancia de Instrución número 4 de Sueca fíxose cargo da investigación do accidente sucedido na madrugada do sábado no Medusa Festival de Cullera (Valencia), onde un mozo de 22 anos morreu e outras 40 persoas resultaron feridas despois de que un vendaval provocar o derrube de parte do escenario e outros elementos do recinto. Segundo informou o Tribunal Superior de Xustiza da Comunidade Valenciana, o xulgado -que foi o responsable do levantamento do cadáver- abriu dilixencias previas para investigar os feitos, solicitar os informes periciais e acordar a práctica das dilixencias que considere oportunas co fin de esclarecer se houbo algún tipo de neglixencia no accidente. O equipo da policía xudicial da Garda Civil xa realizou na mañá do sábado a inspección ocular e encárgase agora da investigación en coordinación co titular do xulgado de garda de Sueca, aínda que polo momento non se presentou ningunha denuncia.