0
Están abertas as inscricións para a 30ª edición das Escolas de Verán Xiria que terán lugar os meses de xullo e agosto nas instalacións do CEIP Fogar de Carballo. As actividades desenvolveranse en horario de mañá (de 10:00 a 14:00 horas) e haberá opción de contratar o servizo de madrugadores desde as 8:00. Está orientado a nenas e nenos de Educación Infantil e Primaria. Unha alternativa para o tempo libre da época estival onde poderán desfrutar de novas amizades, deporte, obradoiros, festas temáticas, saídas, xogos e moito máis.