Brión abre as inscricións para a 40 Carreira Pedestre da Amaía do 1 de Outubro

1 minutes read

O Concello de Brión, en colaboración co Club Deportivo Brión Hyupersa Santiago, organiza a 40 edición da Carreira Pedestre da Amaía, que terá lugar o domingo 1 de outubro, a partir das 10:00 horas, nas inmediacións do parque de Pedrouzos. A carreira é unha proba oficial da Federación Galega de Atletismo e terá lugar baixo o control técnico do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. A maiores, será puntuable para o IX Circuíto de Carreiras da Deputación da Coruña.

As inscricións poderán formalizarse ata o mércores 27 de setembro a través da web www.carreirasgalegas.com. Como nas corenta edicións precedentes, as persoas adultas deberán aboar 5 euros, mentres que para os menores de 16 anos as inscricións son de balde.

Cambios sobre edicións anteriores

A XL Carreira Pedestre da Amaía inclúe este ano varios cambios. O primeiro é o seu traslado do tradicional primeiro sábado despois de Santa Minia pola tarde ao primeiro domingo despois de Santa Minia pola mañá, a partir das 10:00 horas. Outra novidade será que a proba absoluta será a primeira en desputarse: con saída ás 10:00 horas, deixando para a cativada o horario entre as 11:30 horas e as 12:30 horas.

A XL Carreira Pedestre da Amaía repartirá 1.800 euros en premios e agasallará a todas as persoas participantes con camisetas técnicas conmemorativas. Haberá trofeos e premios en metálico para os tres primeiros homes e as tres primeiras mulleres en cruzar a liña de meta na proba absoluta: 250, 200 e 150 euros, respectivamente.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?