Abertas as inscricións para a terceira edición da Tarde-Noite Meiga no Castelo de Vimianzo

A rapazada volverá ser a protagonista na III edición da Tarde-Noite Meiga, que se celebrará o vindeiro 3 de xullo, de 17:00 a 22:00 horas, no foso do Castelo de Vimianzo.

A actividade, enmarcada na programación do Asalto ao Castelo, conta con diversas propostas artísticas que achegarán á cativada á revolta Irmandiña. Pasarela de moda, esconxuro da limoada ou baile da revolución son algunhas propostas para esta tarde na que as dinámicas e os xogos xirarán arredor da temática irmandiña. Por suposto, os pequenos e pequenas deberán ir caracterizados para participar, logrando involucrarse de cheo e vencer esta batalla.

Para participar será necesario inscribirse previamente na Casa da Cultura. Pódese facer desde hoxe mesmo, 24 de xuño, ata o vindeiro martes, 1 de xullo. A actividade ten un custo de 5 euros por persoa. Esta proposta, realizada por terceiro ano consecutivo, estase a consolidar como unha das principais actividades para achegar a historia irmandiña aos nenos e nenas, nunha aposta que enlaza con outras actividades coma o Asaltiño.

Related posts

Portos e Concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao

Xornada Nova Economía para a Aldea do Século XXI, celebrada no Couto, en Ponteceso

A Laracha solicitará acollerse ao incremento da achega autonómica destinada ao Servizo de Axuda no Fogar